3 Days in China

3 Days in China é un documental no que, a modo de road movie seguimos ao deseñador industrial Jon Marshall, e ao seu equipo, xunto coa fundadora de Ambessa Play Sara Berkai a través da provincia chinesa Shenzen.

Durante tres días, os protagonistas do documental visitan 8 factorías diferentes nas que se producirá a Ambessa Play DIY Flashlight, unha lanterna modular pensada para que nenos e nenas aprendan sobre electricidade, pero deseñada como fonte de iluminación para nenos e nenas en campos de refuxiados. Nas súas conversa, nos traxectos en coche entre fábrica e fábrica, ou cos enxeñeiros e empregados das factorías, van xurdindo todas as problemáticas do fráxil paso entre o deseño e a fabricación. Unha viaxe de 3 días nos que se afrontan e discuten dende simples decisión estéticas a complexos dilemas éticos. Onde se fala de sostibilidade, de compromiso social, de colaboración e da importancia de escoitar e defender unha idea, un deseño.

Producido por Pentagram e Ambessa Play.

Idea Orixinal

Dirección, grabación e montaxe

Consultor de montaxe

Postsproducción de son

Selección musical

Asistente de producción

Gráficos

Jon Marshall, Andrés Fraga

Andrés Fraga

Fernando Bastero

Tapesons

Luis Campos (Sinsalaudio)

Maruxa García

Matt Willey, Mick Marbella e Huiting Lian