A house at Fairmead

Deseñada por Sergison Bates, A house at Fairmead é unha de esas casas que realmente están deseñadas para vivir nelas, e cheas de detalles feitos dende o cariño. Fotografiámola en dúas ocasións para Huguet, durante o proceso e xa co proxecto rematado.

Caligra c100

O c100 e o primeiro ordenador que Caligra lanza o mercado. Deseñado por Jon Marshall e seu equipo en Pentagram, o c100 está pensado como ferramenta de traballo para entornos profesionais. O c100 foi anunciado durante a London Design Festival en setembro do 2025 nunha exposición na sede de Caligra deseñada tamen por Jon Marshall.

Lella and Massimo Vignelli

Exposición sobre Lella e Massimo Vignelli na Triennale de Milano. Fotografiada para David Saik e Jasper Morrison, deseñadores da mesma. A exposición, comisariada por Francesca Picchi e Marco Sammicheli, repasa toda a obra de Lella e Massimo Vignelli o longo da súa carreira. Jasper e David deseñaron todo o mobiliario e a colocación do mesmo así como a interacción co espazo.

The OSH Gallery Alphabet

Exposición permanente na OSH Gallery cun alfabeto deseñados polos socios de Pentagram. A exposición ten como función servir de exposición permanente nos periodos intermedios entre a programación da OSH Gallery, situada nas oficinas de Pentagram en Londres.

Ancien Manège

O Ancien Manège é sen dúbida o proxecto de arquitectura maís importante no que teño traballado. Primeiro de todo por ser o primeiro proxecto con Estar, e o comezo de unha relación profesional e de amizade con Stefano e Aurora. Tamén por ser un proxecto fotográfico que vai dende a planificación, facendo as fotografías das maquetas que se presentaron a concurso, ata o seu fin, documentando como se usa o espazo. Durante 9 anos fotografiei todo a evolución do proxecto nas sua diferentes fases; maquetas, estado actual, demolición, rehabilitación, estado final e finalmente seu uso por parte dos usuarios.

Hugh Miller

Retrato oficial de Hugh Miller na súa incorporación como novo partner de Pentagram. Ademais da imaxe en branco e negro para a web, fixemos unha serie de fotos a maiores para a presentación en medios e redes, aproveitando as recen estreadas oficinas de Pentagram en Packington Street.

Hugh Miller, the new partner at Pentagram, in the new London Pentagram headquarters at Packingtong St. Picture: Andres Fraga

Pivot

Presentación en Milán da mesa Pivot, que Tomás Alonso deseñou para Hermès.

Pivot presentouse na exposición que Hermès preparou en La Pelota durante a Milano Design Week 2025

JALICIA & GAPON

Colección de Lorena Peiteado na boca do río Muiños, en Panxón.

Brasil! Brasil!

Fotografías do espazo expositivo deseñado por Marina Willer de Pentagram da exposición Brasil! Brasil! na Roya Academy of Arts, Londres.

Reonda

Fotografías da instalación que Estar. fixo no Pozu de Santa Barbara, Asturias